981 88 13 33

Aproveita descontos especiais en Ler Librerías co Santa Comba móvese

Na programación da Campaña de Verán, os días 2 e 3 de Setembro terá lugar a segunda rolda de Santa Comba móvese con actividades e animación coa finalidade de dinamizar e promocionar o comercio e a hostalería local. E Ler Librerías Santa Comba e unha das empresas colaboradoras dentro desta campaña coa a que promove a lectura.

Dentro dos descontos propios que Ler Librerías Santa Comba ten en vigor ate o 30 de Setembro cun 5% en libros de texto e un 10% en papelería e material escolar, os días 2 e 3 de Setembro poderaste aproveitar tamén dun 5% de desconto en libros de lectura.

Polo cal, permitimonós aconsellarte que esta primeira fin de sema de Setembro visites Santa Comba, os seus negocios, as actividades promovidas  e des unha volta por calquera das nosas tendas e te beneficies dos nosos descontos especiais.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Dentro do programa está establecido que o comercio estará aberto de 10 a 22 horas con descontos, agasallos, premios, sorteos, etcétera...

A Hostalería servirá a prezos especiais, menús, racións, tapas, pinchos...

Por mercar e consumir nos establecementos participantes entrarás no sorteo dunha cea para dúas persoas, un Vale de Compra de 50 € e unha cafeteira de cápsulas (Para optar aos premios recolle o teu pasaporte nos establecementos participantes).

Venres 2 de Setembro (actividades no campo da feira)

  • De 4 a 8 da tarde Tren Turístico polas rúas do pobo.
  • De 5 a 7 no Campo da Feira inchables, xogos populares, tiro á portería e animación musical.
  • De 6 a 10 pasarúas coa Charanga Tíralle do Aire

Sábado 3 de Setembro (actividades no entorno natural da Casa do Pozo)

  • De 12 a 13 h. e de 4 a 7 da tarde inchables, xogos populares, tiro á portería e animación musical.
  • De 5 a 8 actuación da Charanga Tíralle do Aire.
  • De 6 a 8 Exposición e Exhibición de Cetrería.
  • Ás 6 Exhibición de Capoeira co TFC Santa Comba.
  • Ás 7 Masterclass de Zumba para nenos e adultos.
  • Haberá churrería e cantina a prezos populares.

Formulario de acceso