A VELLA PENEIRA A NOITE
9,00€
Dinos o autor, a xeito de explicación do que podemos atopar coa lectura deste poemario que percorre as veas dunha biografía, que nalgunhas rexións, coa frase esta noite peneirou a vella, dise da xeada que caeu sobre o campo, á…
Hay existencias
Descripción
Dinos o autor, a xeito de explicación do que podemos atopar coa lectura deste poemario que percorre as veas dunha biografía, que nalgunhas rexións, coa frase esta noite peneirou a vella, dise da xeada que caeu sobre o campo, á mañá. No escurecer, se o día esta calmo, saio para vela.
O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia, nese universo no que todo, se cadra, está protexido pola branca luz de incerta brillantez do que fica perenne no ser humano: os recordos.
Desde a cama, muda, mira
o teito do universo. Ri ás veces, como se o desafiase,
pero o xesto no tarda en romper,
apágase antes de pronuncialo.
A vida pasa a súa agulla pola boca da avoa.
Información adicional
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 130 cm |
Autor | CORDAL FUSTES, XABIER |
ISBN | 978-84-89803-81-7 |
Páginas | 80 |
Fecha de edición | 01/12/2001 |
Año | |
Idioma | TRASPASO |