BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE

12,00

Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, o fareiro ribadense protagonista de A rutina corsaria, a exitosa novela de piratas que Jaureguizar publicou dentro de «Xerais Fóra de Xogo», viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos…

Hay existencias

Añadir a la Lista de Deseos
Añadir a la Lista de Deseos

Descripción

Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, o fareiro ribadense protagonista de A rutina corsaria, a exitosa novela de piratas que Jaureguizar publicou dentro de «Xerais Fóra de Xogo», viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pequod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por asalto aquel casco envellecido por milleiros de singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas, procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick.
Jaureguizar ofrécenos en ¡Balea morta ou lancha a pique!, a segunda entrega de «As aventuras do capitán Thunderskin», a primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas…) e o teón de fondo constante da xenial Moby Dick de H. Melville constitúen algúns dos ingredientes cos que está construída esta novela fascinante.

Información adicional

Peso 150 kg
Dimensiones 130 cm
Autor

JAUREGUIZAR

ISBN

978-84-8302-858-2

Páginas

128

Edición

01

Fecha de edición

01/09/2002

Año
Idioma

Gallego

Estado

2

Cerrar
×
×

Cart

Compre por% left_to_free% más y obtenga envío gratis