ELISA E MARCELA
17,05€
Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño…
Hay existencias
Descripción
Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina.
Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, «temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán». O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos feitos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.
Información adicional
Peso | 482 kg |
---|---|
Dimensiones | 155 cm |
Autor | GABRIEL, NARCISO DE |
ISBN | 978-84-9121-492-2 |
Páginas | 216 |
Edición | 01 |
Fecha de edición | 01/03/2019 |
Año | 2019 |
Idioma | Castellano |