MIMI E A XIRAFA AZUL
3,00€
A partir de 3 anos Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño… pero, oh!… non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades. Notas para pais, nais e educadores…
Hay existencias
Descripción
A partir de 3 anos
Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño… pero, oh!… non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades.
Notas para pais, nais e educadores
O nacemento dunha filla ou fillo con discapacidade nunha familia é un acontecemento que ten repercusións importantes sobre todas e cada unha das persoas que forman esa familia: pai, nai, irmáns, avós…
Mimi é un conto dirixido a nenos e nenas pequenas que teñen ou acaban de ter un irmán ou irmá con graves discapacidades. Intenta ilustrar a situación do seu nacemento desde a mirada do irmán.
Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta difícil situación familiar: desconcerto, malestar, vergoña e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar as nenas e nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán ou irmá con graves discapacidades.
Ofrece a pais e educadores un recurso para estimular ao neno a falar do seu irmán, falar do que sente ou vive nesa situación e fomentar a comunicación aberta sobre a discapacidade da irmá ou irmán.
Aprender desde unha idade moi temperá a falar en familia de forma sinxela e aberta sobre un tema difícil, expresar e compartir sentimentos, se ben non resolve o problema, seguramente faino máis levadeiro.
Tamén pretende transmitir unha visión positiva da discapacidade: lonxe de ser un impedimento, a discapacidade pode enriquecer as relacións e vivencias entre irmáns, tan fundamentais no crecemento e desenvolvemento de toda persoa.
Información adicional
Peso | 1 kg |
---|---|
Autor | DE VISSCHER, CÉCILE |
ISBN | 978-84-96893-76-4 |
Edición | 1 |
Fecha de edición | 01/01/2008 |
Año | 2008 |
Idioma | IDIOMA POR DEFECTO |