981 88 13 33

Ler Librerías Santa Comba con Eli Ríos no Colexio de Zas

Este ano toca celebrar o día do Libro Infantil e Xuvenil no cole de Zas. Encantados de poder colaborar co cole e queremos agradecer de todo corazón a oportunidade que nos dan de estar aquí con tod@s nun día tan sinalado para as letras, e por riba disfrutando da marabillosa compañía de Eli Ríos, grandísima escritora de infantil e xuvenil en galego.

Contacontos en Ler Librerías Santa Comba. Nemo e Sabela polos parques de Compostela

Co comezo do novo ano Ler Librerías Santa Comba da inicio as actividades culturais cun contacontos este próximo xoves. O escritor Francisco López-Barxas presenta mañá a súa última publicación, un álbum ilustrado titulado "Nemo e Sabela polos parques de Compostela" realizado en colaboración coa ilustradora madrileña Isabel Pintado. Dun xeito divertido e ameno, na compaña dos gatos Nemo e Sabela, descubriremos os segredos e curiosidades dos parques da cidade de Compostela, coñeceremos os seus nomes, esculturas que podemos atopar, ou persoaxes, literatura e lendas relacionados con estes singulares lugares.

Regina Muñiz, entre metáforas e solpores na Terra do Xallas

Regina Muñiz é unha poeta que bebe nas raíces da terra.Nunca mellor dito. Que recolle esa esencia que está espallada polos campos de Bazar ou Montouto e a converte en poesía.“Mil bicos que non che dei” é polo momento o seu único libro, pero prepara outro volume que agardamos que proximamente saia á luz.

Formulario de acceso