A CIDADE DOS CÉSARES
23,00€
Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o…
Hay existencias
Descripción
Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa Señora do Carme de Patagones, na boca do río Negro. O conde de Floridablanca e os ministros de Carlos III deseñaron a ocupación para evitar que o inglés se establecese naquelas latitudes. Cen anos despois, en 1885, o piloto de Noia, Basilio Vilariño, evoca aquelas xornadas dialogando co gaiteiro, Chinto de Muras, mentres o exército arxentino entra na antiga aldea de colonos, despois de vencer na montaña a derradeira resistencia das tribos indíxenas. Diálogo entre defuntos, apenas sombras no medio do lamazal. A Cidade dos Césares gañou o Premio de Novela Torrente Ballester en 1992. Case trinta anos despois, o autor ofrécenola nesta edición corrixida e revisada.
Información adicional
Peso | 510 kg |
---|---|
Dimensiones | 135 cm |
Autor | F. FREIXANES, VÍCTOR |
ISBN | 978-84-9151-914-0 |
Páginas | 426 |
Edición | 01 |
Fecha de edición | 01/07/2022 |
Año | 2022 |
Idioma | Castellano |