A SEMENTE, A ÁRBORE, A FROITA
18,95€
É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do » efecto Pontón » . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás…
Hay existencias
Descripción
É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do » efecto Pontón » . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, » pode que por momentos incómoda » , que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal.
Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política. E transmítenolo cunha ollada, naturalmente, comprometida.
Tras décadas de intenso labor parlamentario e un bo coñecemento da realidade galega, Ana Pontón lidera unha organización coma o BNG. Pero quen é realmente Ana Pontón?
» A semente, a árbore, a froita » non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión.
Información adicional
Peso | 197 kg |
---|---|
Dimensiones | 145 cm |
Autor | REIMÓNDEZ, MARÍA |
ISBN | 978-84-9121-690-2 |
Páginas | 120 |
Edición | 01 |
Fecha de edición | 01/03/2020 |
Año | 2020 |
Idioma | Castellano |