ENTRE DOUS. ENTRE OURO E OLVIDO
8,42€
Con nomes non pode haber alegría fora a súa frase de presentación, e cometera un erro: agachar a alegría baixo unha espesa capa de realidade. Ela percibiu o seu desencanto e prometeulle novas visitas a aquela fraga. Voltarían a verse,…
Hay existencias
Descripción
Con nomes non pode haber alegría fora a súa frase de presentación, e cometera un erro: agachar a alegría baixo unha espesa capa de realidade. Ela percibiu o seu desencanto e prometeulle novas visitas a aquela fraga. Voltarían a verse, a abrazarse, a bicarse, pero tería que vivir unicamente co que o seu rostro lle amosase: unha máscara de inexpresividade. Non era moito, sabíao, pero tamén sabía que agora se produciría un cambio. Era o mundo do sol, nesa vida diaria, onde sería capaz de ser ela mesma. O seu rostro pertencía a outros espertares. Nunca consentiría que lle quitasen a máscara.
Pasaba o tempo e el continuaba espreitando o cerebro noite e día á procura do bálsamo que liberase á muller nocturna. Era preciso sentila, tela en toda a súa magnitude. Xogaba e xogaba de mil formas diferentes e en todos os xogos acadaba o mesmo resultado.
Un día díxolle á muller:
-Se nunca te vas mostrar, poderías finxir. Finxe para min.
Ela aceptou a proposta. Tratábase de facer teatro, de representar un papel protagonista para un único espectador, que arañaría na verosimilitude da personaxe buscando a fronteira entre ficción e realidade para poder subir el tamén ao escenario e xogar a súa baza. Comenzaba a representación…
Información adicional
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 130 cm |
Autor | SALGADO BASOA, VICTORIA;MARTÍNEZ PEREIRO, PAULINO |
ISBN | 978-84-87674-97-6 |
Páginas | 192 |
Fecha de edición | 01/01/1996 |
Año | |
Idioma | TRASPASO |