IRMÁN DO VENTO

13,50

Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. " Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un…

Hay existencias

Añadir a la Lista de Deseos
Añadir a la Lista de Deseos

Descripción

Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. " Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.
«Irmán do vento» é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

Información adicional

Peso 212 kg
Dimensiones 130 cm
Autor

LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL

ISBN

978-84-9782-055-4

Páginas

208

Edición

01

Fecha de edición

01/09/2003

Año
Idioma

TRASPASO

Cerrar
×
×

Cart

Compre por% left_to_free% más y obtenga envío gratis