O ROSARIO E A BUGUINA (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2020)

15,90

Premio Torrente Ballester 2020 Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir…

Hay existencias

Añadir a la Lista de Deseos
Añadir a la Lista de Deseos

Descripción

Premio Torrente Ballester 2020
Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir a extrema unción, que é o desexo da nai, pero o fillo négase. El tamén ten unha petición: que dona Pura consinta que lle lea o primeiro e o derradeiro poema de De catro a catro, estrofa a estrofa, para que el poida explicarlle, non ese libro, senón o sentido último da súa vida e a necesidade obsesiva de ser poeta.
O rosario e a buguina novela a relación entre eles, baseada ata entón nos silencios e nas carencias afectivas, que deberán superar a pesar das súas antagónicas concepcións do mundo. A ideoloxía conservadora da nai fronte ás ideas revolucionarias do fillo, a moral cristiá en contraposición a unha vida disipada e inmatura e, por riba de todo, o amor que se profesan aínda que lles custe demostralo.
Unha historia profunda, onde se mesturan os sentimentos a través das dúas voces protagonistas do relato que se enfrontan á morte de maneiras moi distintas.

Información adicional

Peso 1 kg
Dimensiones 135 cm
Autor

LOSADA, XOSÉ RICARDO

ISBN

978-84-9151-728-3

Páginas

160

Edición

01

Fecha de edición

01/10/2021

Año

2021

Idioma

IDIOMA POR DEFECTO

Cerrar
×
×

Cart

Compre por% left_to_free% más y obtenga envío gratis