SÚBDITOS OU CIDADÁNS?

20,95

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a…

Hay existencias

Añadir a la Lista de Deseos
Añadir a la Lista de Deseos

Descripción

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque.
Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de «Súbditos ou cidadáns?» vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición.
A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. «Súbditos ou cidadáns?» aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas.
O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.

Información adicional

Peso 395 kg
Dimensiones 145 cm
Autor

DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE

ISBN

978-84-9121-704-6

Páginas

256

Edición

01

Fecha de edición

01/09/2020

Año

2020

Idioma

Castellano

Cerrar
×
×

Cart

Compre por% left_to_free% más y obtenga envío gratis