DE REMATE
19,50€
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa…
Hay existencias
Descripción
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais…
A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.
Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.
Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.
De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.
Información adicional
Peso | 334 kg |
---|---|
Dimensiones | 145 cm |
Autor | CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR |
ISBN | 978-84-9914-931-8 |
Páginas | 216 |
Edición | 01 |
Fecha de edición | 01/10/2015 |
Año | 2015 |
Idioma | Castellano |