ETERNITY
16,45€
PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021 Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada…
Hay existencias
Descripción
PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021
Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como a lembran os seus achegados. A el únense Larisa, Daniel e Héitor. Catro enxeñeiros informáticos que precisan de alguén máis que domine varias linguas e saiba redactar: a protagonista desta novela. O que ela non sospeita é que a historia das vidas dos demais a ha levar a descubrir as orixes da súa propia e agochada historia.
Xosé Monteagudo, cun estilo directo que intriga e apreixa ao tempo que desvela e afonda, fai confluír o eterno desexo humano de transcendencia co presente dixital máis anovador. Eternity é unha novela breve e intensa que nos convida a reflexionar sobre o futuro dunha sociedade que aspira á permanencia concibíndose como un inmenso arquivo dixital.
Información adicional
Peso | 273 kg |
---|---|
Dimensiones | 135 cm |
Autor | MONTEAGUDO, XOSÉ |
ISBN | 978-84-9151-769-6 |
Páginas | 200 |
Edición | 01 |
Fecha de edición | 01/11/2021 |
Año | 2021 |
Idioma | IDIOMA POR DEFECTO |