MORGÚN

11,35

A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: «o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado…

Hay existencias

Añadir a la Lista de Deseos
Añadir a la Lista de Deseos

Descripción

A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: «o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo». Morgún -aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos- será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.

Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia.

«Morgún» é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.

Información adicional

Peso 183 kg
Dimensiones 130 cm
Autor

TORO SANTOS, XESÚS DE

ISBN

978-84-9782-053-0

Páginas

168

Edición

01

Fecha de edición

01/09/2003

Año
Idioma

TRASPASO

Cerrar
×
×

Cart

Compre por% left_to_free% más y obtenga envío gratis