PODER NON É QUERER
15,70€
Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando…
Hay existencias
Descripción
Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sexuais, veladas ameazas, segredos inconfesables? e unha misteriosa caixa de zapatillas de ballet que forma parte da súa historia familiar.
Mariña decatarase de que o sacrificio que por ela fixeron durante anos os seus seres máis queridos non merece esmorecer a causa do odio que se profesa a si mesma.
Noela Rivas debuta nas nosas letras retratando con brío e fidelidade a mocidade galega actual sen ambaxes, tal e como son, pensan, desexan e actúan.
Información adicional
Peso | 317 kg |
---|---|
Dimensiones | 135 cm |
Autor | RIVAS CANTELAR, NOELA |
ISBN | 978-84-1176-061-4 |
Páginas | 246 |
Edición | 01 |
Fecha de edición | 01/07/2023 |
Año | 2023 |
Idioma | Castellano |